miércoles, 23 de junio de 2010

Marchamos preparar o niño :)

Xa ten a súa manta lista. Feita para ela. Pensando nela. Xa pode chegar cando estea lista.


manta arco iris




patucos

calcetins



Co niño a medio facer, comezamos o camiño á desconexión.

Bo verán para tod@s!

domingo, 20 de junio de 2010

A volta ó fogar

adiosfrancia

A nosa aventura na Bretaña chegou ó seu fin. Quen sabe se regresaremos en algún outro momento. Sen dúbida grandes recordos, preciosas paisaxes e bos amigos levamos na maleta.

Pero agora, en Galicia, na casa agárdanos a segunda grande aventura das nosas vidas.

pintando

M adaptouse ó momento. Remexeu todo o que puido para volver a situarse, e volta a empezar. Alucíname a grandísima capacidade de normalizar as situacións máis des-estabilizadoras. Son fortes estes pequenos.

Desborda creatividade!


polopepe

Gracias L por este outro bichiño. Seguro que volvemos a coincidir noutra obra. Estou segurísima. Mentres tanto, vémonos nas nosas preciosas terras. Onde seguro comeremos mellor! ;)

sábado, 19 de junio de 2010

Renacemos

Fai unha semana estivemos nun taller de Rebirthing.

XX e mais eu. Xuntas. Tan xuntas que é imposible separase.
E á vez tan independentes. Facendo cada unha o seu traballo. Que difícil poñerlle verbas a todo isto...

Se ti sentiras o que eu sentín.
Se ti viviras o que eu vivín.
Se ti escoitaras o que eu escoitei.
Se ti partillaras o que nos partillamos....
Que fácil sería respetar ós nenos.
O seu nacemento. O noso parto. A súa infancia.
As súas necesidades.

Temos que empezar a crer que SI é importante como chegamos ó mundo.

Algo máis en min cambiou esta fin de semana. A súa intensidade non podería deixar indiferente a ninguén. Compartilo con 'vos' foi un privilexio. Unha honra.
E GRACIAS Ángeles, porque estás a cambiar o mundo.

Todos deberían de facelo en algún momento da súa vida. Sobre todo antes de traer nenos a este mundo. Aforrariámoslle tanta dor...

Eu sei que o repetirei.




Para cambiar o mundo
hai que cambiar a forma de nacer