domingo, 28 de febrero de 2010

20 Semanas


Chegamos á metade do embarazo. Nin nos decatamos. É ben certo que non volves a vivir un como o primeiro. E o meu foi do máis relaxante. Tardes de sofá, paseos ó solpor, uns largos na piscina... Se non foran polas náuseas que chegaron ata case o final, serían unhas marabillosas vacacións á costa da empresa...

Menos mal que neste segundo embarazo as náuseas foron soportables. Porque aínda que a nosa vida é máis ben tirando a pasiva, non paramos. M precisa de colo, seguimos coa lactancia, ata o 3º mes practicamente exclusiva. Agora é el quen peor leva o embarazo. Dende fai case 2 meses a produción de leite baixou dramaticamente, xa que os peitos estanse a preparar para o que lles ven.

Nos tamén o notamos no frigo. Que maneira de comer! M. xa non é un bebé que pica aquí e alí. Xa defende o seu prato como o que mais. Da gusto velo comer, e como se fai entender. Sabe pedir plátano, tortilla, pizza e chocolate. O iogur xa o colle el.

Fai unhas 4 semanas que noto moverse ó bebé. O primeiro como ás de bolboreta, agora patadiñas pequenas. Aínda ten bastante espazo para brincar, e hai días en que ata a noite que me deito na cama non noto nin unha. Pero sempre hai polo menos unha que diga: "mamá, sigo por aquí, durme tranquila". E podo durmir tranquila.

Mañá temos a ecografía do 2º trimestre. En francés. Menos mal que levamos a unha amiga para que nos faga de intérprete. Porque podíanos dicir que ten 4 mans, que nos habíamos de sorrir igual que se nos dixera que está perfect@. Mañá é o primeiro encontro co xine que me vai levar. A ver que tan "intervencionista" é. Ata onde quere meter as mans... Menos mal que aquí podes cambiar de Dr...

domingo, 14 de febrero de 2010

Luz de Suscinio e 'madelaines'




Comezamos o día dos namorados facendo 'madeleines', dunha receita que lle copiei a Bea. Quedara o amoado toda a noite a repousar, levantámonos e mentres o café fervía, o forno facía o seu traballo. Creo que imos instaurar unha costume nesta casa a partir de hoxe. Comezar os domingos co arrecendo do café e da repostería ben feita.


A roupa tendida fora estaba tesa, conxelada, acartonada por culpa das temperaturas baixo cero. O sol lucía espectacular. As mans conxelabanse mentres facíamos as fotos das 'madelaines'.

Que facemos hoxe? Saímos e conxelámonos e disfrutamos deste sol? Ou quedamos á caloriña da electricidade e coa costura?

E saimos a namorarnos da luz de Suscinio...

jueves, 11 de febrero de 2010

Proxecto: UN PEQUENO CAMBIO



Nos tamén queremos unirnos á proposta dos Tartarouchos. Tamén queremos aportar o noso pouquiño de area.

Imos empezar pola comida, xa que como din: 'somos o que comemos'.

Controlaremos a carne que comemos. Non máis de unha vez á semana, e incluso menos.

Toda a carne que veña de granxas onde os animais sexan criados en liberdade, o máis ecoloxica e sostiblemente posible.
Así como os ovos e o leite (isto último xa o facíamos dende fai moito) e tódolos seus derivados.

Máis a longo prazo será eliminar os cárnicos de todo e para sempre.

En canto ó peixe, non consumir os que son criados nas piscifactorías, con pesticidas, antibióticos, pensos con OGM... Das gambas xa nos afastamos no Nadal.

Seguiremos informando ;)

martes, 9 de febrero de 2010

Imos ser 4

Xa estamos de volta tras un Nadal un pouco longo. Con enerxía, a propia do 2º Trimestre. Porque si, estamos embarazad@s, e para o verán M. terá un compañeir@ de xogos.
Tódalas probas indican que ven ben. Un embarazo tranquilo, que é o que nos facía falta.





Este ano, foi todo un éxito o Apalpador. Creo que repetiremos, e suprimiremos tódolos demais. Polo menos mentres a publicidade non remate coas nosas boas intencións pouco consumistas.

Entre os meus propósitos para este novo ano está o de ser unha mellor blogger, pero claro, as cousas con calma... Chegarei!