viernes, 18 de diciembre de 2009

Nadal responsable 2: O APALPADOR

Este ano, na nosa casa pasamos do Pai Noel e dos Reis. Nada acababa de "gustarme". Un por americano, e outro polo tema relixioso. Ademáis, os reis veñen moi tarde, hehehe.

E coñecimos o noso Apalpador. Das nosas montañas. Gustounos. E queremos recuperalo para a nosa casa.



Normalmente deixaba unha carta baixo a árbore cada Nadal. Este ano, non quixen faltar á tradición e aproveitar as tecnoloxías nisto da distancia.


Querido Apalpador:
É a primeira vez que ves á nosa casa. Esperamos que non teñas dúbidas de como chegar. Esperámoste con ganas. Vamos a aproveitar as novas tecnoloxías para escribirche a carta, e así non teñas demasiadas dúbidas.

Eu non lle fago demasiado caso ós xoguetes. Prefiro xogar cos cacharros de mamá. Encántanme as potas, as culleres de pau, as vasoiras, e limpar cun trapo mollado. Pero tamén me gusta moito facer música. Encántame tocar a pandeireta con canto libro, ou caixa que atopo. Así que gustaríame unha pandeireta para as miñas mans pequenas. Tamén gostame moito que mamá me lea contos. Así que algún novo para renovar a colección non estaría mal. Tamén estaría ben un xilófono. E algún puzzle de madeira, ou algunha caixa para meter dentro figuras. Non sei, calquera cousa me gusta.
E para mamá, unha balanza electrónica, xa que está a facer galletas e mide 'a ollo', e aínda que ten boa man, hai cousas que non consegue. E uns moldes para magdalenas, que me gustan moito. Unha moleskine, para que siga anotando as nosas aventuras.Tamén di que quere unha máquina de coser. Pero iso pesa e ocupa moito. Libros, moitos libros. Disque quere tódolos de Michel Odent. Igual todos son moitos... Non crees? Tamén di que quere libro "Con el consentimiento del cuerpo" de Bertherat Marie & Thèrèse; ou "Parto Instintivo. Atendiendo a tu voz interior" Clarke Val.

Papá di que xa che escribe el a súa carta.

E non te esquezas da presa de castañas das túas montañas!
Bicos, e coidado coa neve!
M.


lunes, 14 de diciembre de 2009

Nadal responsable 1. Non ás Gambas

Na nosa casa, como na maioría, o día de Nadal había unha fartura de gambas na mesa. Este ano ímolas cambiar.

Os manglares son ecosistemas boscosos nas costas tropicais, con vexetación tolerante ó auga salgada, onde viven moitas clases de peixes, mariscos e crustáceos, fonte de alimento para os locais. Tamén os manglares traballan como barreira natural fronte os ciclóns tropicais.

As gambas que enchen as nosas mesas no Nadal están a destruílos. Estas críanse en piscinas creadas tras talar os manglares. Unha vez destruídas estas selvas húmidas, moitos seres vivos perden o seu habitat, diminúen as capturas pesqueiras e o ecosistema perde o equilibrio.

Os estanques (as "nosas" gambas) son tratadas con antibióticos, pesticidas, alimentadas con pensos...

O 35% dos manglares xa foron destruídos nestes 20 anos.

Nos pasamos das gambas.
Temos estupendos mariscos nas nosas rías.
PENSA GLOBAL, CONSUME LOCAL! O 26 de Xullo é o Día Internacional dos Manglares.


Un enlace de tantos... http://www.pangea.org/cric/cast/articulos/langostinos.html