jueves, 26 de noviembre de 2009

Actividades en días de choiva

Non é que estea en favor da 'estimulación temprana', nin moito menos. De xeito, estimulación hai en cada cousa. E o de 'temprana', pois non é axeitado para ninguén ir máis rápido do que en realidade pode; canto menos, un neno.

Pero atopei estes recursos en "Montessori Hoy" e pareceume interesante poder facer algunha actividade. A verdade é que estivo entretido polo menos 10 minutos! (onte). Hoxe repetímolo, pero eu púxenme a facer outras cousas, sen estar directamente con el, e aguantou un anaco máis longo, aínda que basicamente dedicouse a espallar todo polo chan, hehehehe!




E un vídeo da ucrainiña KSENIYA SIMONOVA, que ganou a edición do seu país de "Tienes Talento" con esta representación da invasión dos alemáns a Ucraína na Segunda Guerra Mundial.
Memoria Histórica, tan importante. Impresionante.



No hay comentarios: